Adro

Adro de Santo André de Vea.

O adro, ou adral, é o patio principal ou o terreo arredor das igrexas e a súa orixe está no atrium das casas romanas. Engloba calquera terreo co que delimite unha igrexa ou un cemiterio, xa sexa de propiedade eclesiástica ou particular.

Nas parroquias galegas o adro era o lugar tradicional de reunión semanal dos veciños para tratar os asuntos da parroquia. Nas igrexas máis antigas é común a existencia de cemiterios situados no adro.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search